Revista Núa. reportaxe dirección.
Habelas A obra.
A imaxe
A imaxe-corpo3d. En habelas o corpo trabállase sobre todo ao principio dende un lugar de tempo moi dilatado, e denso. Ensaiamos algo dende o trance, con xogos de hipnose. En outras escenas se traballou o corpo ao servicio do artiluxio máxico; e outras escenas trataban de adentrase nunha imaxe, como por exemplo unha proposta de Marta dunha cabeza suspendida polos pelos, profundizar nela ata converterse nun lugar cheo de matices distintos.
A imaxe-proxectada2d. Nesta ocasión queríamos que quedara moi integrado na obra, que non fora unha grabación paralela proxectada, senón outra ferramenta máis que falara da transformación, do ilusionismo, das sombras ou dos reflexos. De esa serie de conceptos que fomos rescantando da recollida de campo, e sobre todo, do libro de antropoloxía de galicia de Carmelo Lisón Tolosana. E ademáis que se relacionara directamente cos xogos de sombra e luces que propuxo Paulina.
O son
A música é fundamental nesta peza, durante todo o proceso se traballou con Ariel Ninas, creando a obra codo con codo co resto do equipo. Toca a zanfona en directo e música electroacústica.
Os textos da señora tamén foron incluidos no espacio sonoro. En xeral, gústame moito a utilización en escena da voz en off de recollida documental. Bailar os silencios, ou os ritmos das sentencias dos discursos. Tamén deixarse tocar polos contidos, pero non moito. Prefiero que camiñen por lugares paralelos, e se unan tan só na mente do espectador ao seu antollo.
O proceso
Esta peza comeza coa idea de explorar a maxia escénica. Daquela, eu estaba ocupada sobre todo traballando na maxia, con Vituco, e no ámbito da clínica utilizando a hipnose. Preguntábame: Ten cabida a fantasía no escenario contemporáneo?
Non creo que nós o lograramos como para ter xa a resposta a esto. Pero a verdade que neste momento interesame máis todo aquelo que mostra os seus mecanismos. Que te desvela a poética das entrañas, que non disimula. Así que esto é un punto non resolto para min.
O que sí está resolto para min, é o moitisímo que me interesa do proceso o traballo colectivo; chegar a crear algo dunha idea, esto no meu caso, sólo ocurre gracias ao “outro”, Neste caso todos “os outros” teño a sorte de que son grandes amigos-familia.
O que máis ilusión me fai e ver como crece unha idea cando pasa coma unha pelota dunha cabeza a outra.
Esa, para min, é a maxia de este traballo; Da creación escénica.
begoña cuquejo
Galicia Hoxe. Entrevista por lupe gómez
A hipnose das meigas entrevista por lupe gómez para Galicia Hoxe
19.09.2009 A compañía Traspediante de Begoña Cuquejo e Marta Alonso traballa no espectáculo "Habelas", unha reflexión sobre a maxia e a danza
LUPE GÓMEZ
Begoña Cuquejo é un pouquiño maga e un pouquiño meiga. Durante a entrevista ela aparece e desaparece. Fala e canta. Antes de contestar, voa un pouco e quenta as mans no lume da lareira. Os seus ollos son expresivos, sensibles, abertos, alegres. Falando con Begoña Cuquejo, a vida convértese nunha cousa misteriosa e interesante. Ela pensa que "as meigas non son malas. Son mulleres libres, independentes." Cando era unha nena, Begoña vivía en Suíza cos seus pais emigrantes. Falaba francés e bailaba con música francesa. A compañía Traspediante vaise ocupar da Aula de Danza da Universidade de Santiago. Traballan no espectáculo Habelas, mesturando a danza coa maxia dos magos e das meigas. Begoña pensa que "para andar cara a adiante tamén temos que dar pasos atrás."
Cando tiñas 3 anos -e vivías en Suíza- xa che gustaba bailar?
Bailaba cando soaba a música que poñían meus pais. Sendo un pouco máis maior bailaba con música francesa, con Pink Floyd e con Madonna. Os meus pais eran emigrantes galegos en Suíza. Teño recordos bonitos da miña infancia. Para os nenos Suíza é un país agradecido. Había moitas excursións. Cando ía ao colexio a profesora dábanos clases de danza. Ela tocaba o piano e todos os nenos bailaban e portábanse xenial. Eu falaba francés. Encántame o francés pero non é algo de "gusto", senón que é algo que "levas dentro". Sigo dicindo os números en francés. Sigo dicindo "boas noites", que é algo moi maternal, en francés.
Os teus estudos de Psicoloxía, dalgún xeito, servíronche para entender mellor a danza?
Creo que non é unha influencia primordial, aínda que todas as cousas che inflúen. O traballo na clínica axudoume a comprender as condutas das persoas, dende unha certa epistemoloxía de base e a filosofía de certas terapias. Estudei Psicoloxía porque na miña familia teño xente que non se encontra ben, e unha cre que logo entende mellor as dores humanas. Estudar Psicoloxía serviume para saber que non hai unha forma correcta de ser, senón que todas as formas son válidas.
Que significou para ti asistir a un curso de danza butoh co coreógrafo Wendell Wells?
En Ourense eu bailaba nun grupo de jazz, para facer algo de cartos. Ao chegar ao Espacio de Danza da Universidade de Santiago descubrín a danza contemporánea. Gustoume porque ten un valor expresivo e é un intento de comunicarse co público -non dende un movemento establecido senón dende un movemento persoal-. A danza butoh é moi introspectiva, moi íntima. Wendell Wells era super- estrito, pero iso era bo. Traballábamos moito con imaxes e con música que sae de imaxes. A danza estaba baseada en sons de mosteiro, de Inmaculada Cárdenas. Era sobre a vida no mosteiro. A música era preciosa. Nun determinado momento afogabas. Esa auga que che entraba pola boca tiña que saír pola vaxina.
Todas as artes están relacionadas coa sensibilidade humana.
Penso que todas as artes tentan conectar coa emoción, e tamén coas ideas. Ás veces non apelan ao sensitivo. Hai actuacións de danza que son moi asépticas. Gústanme moito todas as variantes da danza. Gústame moito Keersmaeker, unha coreógrafa coa que estiven este verán en Parts (Bruselas) aprendendo a súa técnica. Tamén me encanta Decouflé, un coréografo francés que usa moito o humor. Os franceses usan moito o humor na danza. Un humor sen palabras, que non é mímica. Son movementos ridículos, absurdos, que resultan moi artísticos.
Empregas o poema "Alicia" de Carlos Oroza no espectáculo "Nin un milímetro para apoiar a fronte".
Cando estaba facendo bocetos e debuxos para este espectáculo, fun ao Festival de Poesía Salvaxe de Ferrol e alí Carlos Oroza recitou o poema "Alicia". Fala dunha moza que vai pola cidade e non atopa nin un milímetro para apoiar a fronte. Porque camiñamos con moita présa, imos moi rápido. No espectáculo bailo cunha esfera variable na cabeza e non podo nin apoiar a fronte. Tapaba o escaparate e tentaba capturar ese momento no que a xente se apoiaba no escaparate. Buscaba ese xesto de ter que apoiar a fronte. É como ver un cadro. Unha persoa pegada a un escaparate, como se fose un "metaespectador".
O Festival dos Abrazos permitiuche expresarte artisticamente e interactuar coa xente que camiña polas rúas?
Estiven no Festival e na sección Off. Tiven oportunidade de traballar na rúa en Santiago. Gústame bailar na rúa porque en Galicia temos escenarios preciosos, que son mellores que unha iluminación de escena. O que me gusta dos festivais de rúa de Santiago é que son moi accesibles. A zona vella axuda moito. Cando se celebraba "En pé de pedra" esa era a miña fin de semana preferida de todo o ano. Santiago préstase para actuar na rúa.
Que puntos en común podemos atopar entre a maxia e a danza?
"Nin un milímetro" era unha busca máis conceptual, era unha acción. En "Habelas" queriamos xogar a estar nun mundo de fantasía. Como cando che contan un conto ao carón do lume e estás agusto pero tamén podes sentirte algo inquedo. Trátase de crear un mundo cheo de posibilidades, de maxia, de cousas que non son de "pensar" senón que son de "voar". Os nenos non se sorprenden tanto como os adultos cos espectáculos de maxia porque eles pensan que "o que é máxico tamén pode ser real".
Galicia é máxica?
Toda esa atmosfera da pedra, e todo o rural galego, resultan máxicos. Ao urbano non lle atopo tanta maxia. Eu buscaba bibliografía sobre as crenzas populares. Carmelo Lisón Tolosana recolle cousas de antropoloxía e explícache moi ben como era unha sociedade case matriarcal, na que inventaban contos de meigas para que os homes non fosen por aí, a "onde non deben ir". Analiza as crenzas e as lendas populares. Nós transcendemos eso ao noso ser, aos nosos pequenos demos, e traballamos dende ese lugar máis íntimo.
Coñeciches algunha vez unha meiga? É certo que "habelas hainas"?
Eu non coñezo ningunha meiga, e non creo nelas ata que non as vexa. Eu son moi analítica. Eu non cría na hipnose e agora traballo con ela e decátome da súa verdade. Imaxino os poderes reais da meiga. É unha muller liberada, independente. A meiga pensa, quere levar as rendas da súa vida, ten curiosidade, experimenta e quere voar. Vexo as meigas como algo moi positivo. As outras son as bruxas, e hainas con poderes e sen eles.
Por que se chama Traspediante a vosa compañía?
Pensei en poñerlle o nome "Traspedianta" pero Marta Alonso dixo que era mellor poñerlle Traspediante. Facemos un equipo xenial. As ideas medran entre as dúas. Ela ten unha formación contemporánea pero tamén clásica e nese ámbito compleméntase comigo, porque eu non teño formación clásica. O nome vén porque ás veces para ir para adiante hai que recuar un pouco. Os nenos non van sempre progresivamente para adiante. Non é un camiño secuencial. Ás veces hai que dar pasos atrás.
Que proxectos tedes agora?
Seguramente este ano nos ocuparemos da Aula de Danza da Universidade de Santiago. Teriamos que dar as clases e montar o espectáculo deste ano. Pretendemos que as alumnas busquen o seu propio movemento coas nosas directrices. Queremos que o espectáculo sexa algo vivo. Queríamos facer un "camiño", como o Xacobeo, por diferentes disciplinas artísticas e por distintos artistas galegos. Eu penso completar a miña formación. Vou facer un máster en Madrid, "A práctica escénica e a cultura visual", dirixido por José Sánchez e por xente que traballa moito coa performance.
Aos nenos-as gústalles bailar? A danza é necesaria?
O baile é algo innato ao ser humano. Os nenos cantan, bailan, debuxan. Despois na escola imperan outros valores. Estou de acordo con Foucault cando fala das influencias dende a propia educación. Impártense clases de música, plástica e educación física pero son as "marías" e non se toman en serio. Máis que "educación física" é "restrición física".
Antropoloxicamente, bailar era unha forma de comunicación e os rituais facíanse a través do baile. Era a forma de relación e de ligar. Agora o contexto é a noite, a discoteca, o pub. O corpo fala só, e non hai nin que usar a linguaxe verbal. As palabras ás veces confunden todo.
Prensa en Actuación do Museo del Mar
Artículo. Atlántico. Danesga. Conmemoración del día internacional de la danza.
Danza contemporánea con sabor a mar en el Museo de Alcabre
ANA BAENA - VIGO - 27-04-2009
El baile fue el protagonista ayer en el Museo do Mar con la actuación de la asociación profesional de Danza Escénica Galega (Danesga) que mostraron nuevas propuestas de entender este arte. La iniciativa se sumó a los conciertos que acogerá el centro de la programación de Espazos Sonoros. Traspediante, Habelas (foto: lydia miranda.)
Los bailarines de Danesga interactuaron entre el público asistente.
El motivo, la conmemoración del Día Internacional de la Danza que se celebra este miércoles; el lugar, la sala principal del Museo do Mar; el resultado, un espectáculo contemporáneo rodeado de una atmósfera intimista. Así, ayer, el Museo do Mar acogió la actuación de miembros de la asociación profesional Danesga (Danza Escénica Galega). Los bailarines, ataviados como marineros y pescantinas, llevaron la expresión corporal hasta su máximo nivel, girando sobre sí mismos, dibujando en un espacio desnudo coreografías sencillas donde el movimiento del individuo pasó a primer plano.
El espectáculo involucró al público con la ruptura de las barreras entre éste y el escenario, ya que los bailarines interactuaron en el espacio de los asistentes. La estética vanguardista y la apuesta por nuevas vías expresivas de Danesga quedó manifiesta.
Entre el centenar de espectadores que contribuyó a la puesta en escena, sentándose en el suelo alrededor de la sala, había numerosos niños para los que este fue el primer contacto con la danza. Les gustó, a juzgar por la atención con la que seguían el movimiento y la torsión de los artistas.
Con esta ya son dos las actuaciones que acogió el Museo do Mar este fin de semana (el pianista Nicasio Gradaille tocó el sábado) y que se sumarán a las cuatro que están previstas en el Espazos Sonoros del 10 de mayo al 14 de junio. San Simón es el otro escenario elegido por este programa musical.
Entre el centenar de espectadores que contribuyó a la puesta en escena, sentándose en el suelo alrededor de la sala, había numerosos niños para los que este fue el primer contacto con la danza. Les gustó, a juzgar por la atención con la que seguían el movimiento y la torsión de los artistas.
Con esta ya son dos las actuaciones que acogió el Museo do Mar este fin de semana (el pianista Nicasio Gradaille tocó el sábado) y que se sumarán a las cuatro que están previstas en el Espazos Sonoros del 10 de mayo al 14 de junio. San Simón es el otro escenario elegido por este programa musical.
Enlaces: