texto Concha de luneda versión galego


kara walker
Luneda_1 Posición

Voucho cortar nove días, entendido, pois isto é bo de sabere, e rézase...  son: un Padre Nuestro e un Ave Maria deixa quedar este corpo libre, entón rezas un padre nuestro e un ave Maria. Sempre, xá vos digo... se non tedes un crucifijo ou unha medalla bendecida, sirve un pantalón dun home, sin lavar, usado!, eh?, sempre polo revés, que tamén vale. Entonces quérovos decir que esto é bo de sabere porque a envidia existe. A envidia existe. E despois tamén,..aire de… tamén se dice: “aire tatallo, s'eres de vivo, s'eres de morto, se eres de algún excomulgado, vai ao marco allado, onde non oes cantar nen galiña nin galo, pola gracia de Dios e da Virxe María, un padre nuestro e un ave Maria, deixa quedar este corpo libre”, pero conque despois aprendín en cataluña co irmán dun cura a cortalo co aceite, e máis rápido co aceite,  sabedes? e máis rápido co aceite.. se queredes o mismo,.... s'eres de vivo, s'eres de morto, s'eres de algún excomulgado,... Que non é broma ningunha, sabedes?, estas cousas debiádelas de aprendere por escrito.

Luneda_2

E no 36 antes de estalla-la guerra meu pai abandonounos  e amigouse cunha tipa que botaba as cartas, cunha bruxa de esas, o caso e que deu cabo del. amigouse cunha tipa, el viña a casa para mallar na miña nai, bueno  que pasou? 

Que fixo moito dano, fíxonos moito dano porque cortoulle un peito a mama, e fixo moito dano, era bo, pero aquela bruxa deu cabo del, hai que ter moito coidado que  as bruxas existen!entendido

Ela mama era analfabeta e aquela fulana escribíalle as cartas para mama  o caso era que por carta ela foise enamorando del... e cando cheghou deulle bruxedo  e case o volveu tolo, sabedes que lle deu?, deulle bruxedo deulle da regla que ela largaba!


Luneda_3

Tes aire de defunto, é aire de defunto!, que non pensedes que os defuntos… que morren. Mira! cando vaiades a un entierro buscai de estar sempre do lado do sol como por ejemplo por aqui hai un pasillo, non?,  o sol vai da parte d'ali, nunca te poñas da parte d'ali, ponte da do outro lado. Entendido? Hai que ter(e)... despois hai xente que morre pero non morre... coidado que as personas, morren, pero non morren hai xente moi mala, e non cabe en ningunha parte, e andan a facere moito daño.


Luneda_4
Que fixo moito daño porque cortoulle un peito a mama, e fixo moito daño, era bo, pero aquela bruxa deu cabo del, hai que ter moito coidado que as bruxas existen!

Entendido? Porque despois tivo un irmán que cando chegou da guerra que era muito máis vello ca min...cando chegou da gherra a fulana que escribía as cartas, saltando así dunha cousa pra outra...

E la, mamá, era analfabeta e aquela fulana escribíalle as cartas para mama  o caso era que por carta ela  foise enamorando del ec ando chegou...e deulle bruxedo



Luneda_5

E Case o volveu tolo, sabedes que lle deu?, deulle da REGLA que ela largaba, e o que lle pareceu, sabedes? que é moi malo, mirai!


Luneda_6

A amiga máis grande que un ten na vida eres tú, porque mira si te cuidas, cuidaste pra ti, se coidas o teu entorno coidalo pra ti,e si non eres casada e si casas algún dia, non seas calquera cousa, tes que ser nai do home, nai dos fillos, e nai dos sogros, si...porque é o noso deber, entendido?


Luneda_7

De musgo de piñeiro e de carballo,non destiñe nin coa lejía, musgos de carballo e musgos de piñeiro, sabedes o que son musgos? Entón faise o siguiente, bótase auga nunha boa  caldeira onde caiba a lan que ti queiras teñir, bueno si non tiñes moito non precisas botar moito…, bueno; e tamén vai ben choucho de maceira e rabullóns de…, non sei como lle chamades vos, as setas  o que nacen nos pés das maceiras.



Luneda_8


Mira, moitas veces hai que ter ollos e non vere, oidos e non oire, e boca e non falare, mira que eu vin moita cousa de comprometere personas, cando era nena e todo, pero da  miña boca non saliu nada... non hai peor cousa que desprestigiar a nadie, que de aqui ven a envidia, que falar mal doutro e envidia, sabedes?, entonces que pasa,... mira, Se ves unha nena que vai por mal camiño, cando a apañas coa tua man,.. daslle un conselliño, avisala que teña coidado,.. pero cala, non digas nada,
Porque mira a honra dunha persoa representa o que é un saco de plumas, desplumades unha galiña e subides a un campanário cando faga moito aire soltades as plumas...
A VER SI LOGO TENDES COLLONS DE IRLAS XUNTAR TODAS.