Esta obra pretende crear a través de diferentes linguaxes escénicas (a danza, a maxia, a música e a videocreación) un contexto fantástico e misterioso no que se recollan as principais simboloxías da maxia en Galicia; ademais, fai referencia a temas sociais como a categorización da muller ou, especialmente, a dualidade do ser humano (pantasmas e presenzas que amolan ao individuo, os nosos pensamentos ou a nosa situación).
“Habelas” é unha obra multidisciplinar na escena e na concepción. O eixo da creación xorde da reflexión ao redor das coincidencias entre a maxia e a danza. A danza é tratada dende un punto de vista contemporáneo, elaborando un discurso paralelo, buscando información en recollidas de campo (coma, por exemplo, empregando testemuños reais, e mesmo incluíndo a súa voz gravada no espazo sonoro).
A denominación de “Habelas” vén dada polo personaxe principal da obra, a meiga, facendo referencia ao refrán popular que na tradición oral galega é tan común escoitar: “eu ver nunca as vin, pero habelas hainas”.
Nesta obra hai diversas referencias artísticas (debuxos de Kara Walker ou os óleos de Goya) e culturais (entrevistas persoais e, sobre todo, no libro de Carmelo Lisón Tolosana “Estrutura social y simbolismo en Galicia. Antropología cultural de Galicia”, Marvin Harris,...)
ficha artística
CREACIÓN COLECTIVA
MOVEMENTO. Marta Alonso y Begoña Cuquejo.
SON. Ariel Ninas.
LUZ. Paulina Funes
VOZ EN OFF de recollida documental. Concha de Luneda
VESTIARIO. Cloti Vaello.
DISEÑO GRÁFICO E CARTEL. David Creus/Paulina Funes
ANIMACIÓN. Miramemira.
ASISTENTE DE MAGIA . Mago Vituco.
ASISTENCIA DE DIRECCIÓN. Ruth Balbís, Estevo Creus, Paulina Funes
SON E MISTURA PARA CD DE AUDIO EDITADO. Alfonso Camarero
RESIDENCIA TÉCNICA.Sala Ensalle
AGRADECEMENTOS. A todo-los anteriormente menionados, Pepa Yañez, Davide, Alfonso, Quique Peón, Cristina Balboa, Erika Fernández Fernández, Borja Cadórniga, Madamme Cell, Hospedaje Acuerdo, Cándido Pazó y Belén. Sala Santart y Alfaia. Sala Ensalle, Matías Daporta e cía Caracol, Pauliine Maasik and sisters.